Thursday 25 de April de 2024

O Bono Turístico “QuedamosenGalicia22” xa ten adheridos 60 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte


— O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron esta mañá, Casa Lugar de Trasende, un dos locais dispoñibles na selección deste bono

— Estas axudas inxectaron máis de 433.000 euros nos establecementos turísticos desta área na convocatoria do ano pasado

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, valorou esta mañá a excelente acollida que está tendo esta nova edición do bono turístico #QuedamosenGalicia2022” que xa ten adheridos 60 establecementos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 433.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021, que incluíu tamén o remanente do bono sanitario,

Trenor fixo estas declaracións, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel Varela, no transcurso dunha visita a Casa Lugar de Trasande, ubicada no Concello da Laracha, un dos establecementos que xa se poden selecionar dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos a esta terceira edición com moita ganas, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan “queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”.
Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estivemos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.
Xa no que vai de ano están a acadarse eses obxectivos, tendo en conta que na Semana Santa se rexistraron nalgúns destinos galegos cifras de ocupación superiores ás da prepandemia e que no que vai do 2022, da man do Xacobeo, o Camiño superou as 56.000 Compostelas, mellorando as cifras do 2019 no mesmo período, o ano no que se entregaron máis Compostelas.
O delegado da Xunta rematou recalcando que “Galicia está de moda” e puxo en valor a profesionalidade do sector e a solidariedade e responsabilidade dos galegos na consecución destes fitos.

LOCALES ADHERIDOS A DATA DE ONTE NO BONO TURÍSTICO 2022  NA COMARCA DE BERGANTIÑOS – COSTA DA MORTE

 

DENOMINACIÓN TIPOLOXÍA MUNICIPIO
CASA LUGAR DE TRASANDE Turismo rural A Laracha
Total A Laracha 1
A CASA DA ESTRELLA Apartamentos Cabana de Bergantiños
CABAÑAS DA FONTE Apartamentos Cabana de Bergantiños
Turismo Rural O Xastre de Anos Turismo rural Cabana de Bergantiños
Total Cabana de Bergantiños 3
O mar de preciosa Pensións Camariñas
PLAYA DE CAMARIÑAS Pensións Camariñas
Total Camariñas 2
PUNTA DEL ESTE Hoteis Carballo
MAR DE QUEO 2 Hoteis Carballo
BALNEARIO DE CARBALLO Hoteis Carballo
RÍO SIL Pensións Carballo
MAR DE QUEO Turismo rural Carballo
Total Carballo 5
HOTEL INSUA Hoteis Cee
PENSION LIRESCA Pensións Cee
CASA RAÚL Turismo rural Cee
RÍA DE LIRES Hoteis Cee
A BALLENERA Pensións Cee
TRAVELS TO FINISTERRE, S.L. Axencias de viaxes Cee
AS EIRAS Hoteis Cee
Total Cee 7
APARTAMENTOS VIDA CORCUBION Apartamentos Corcubión
Total Corcubión 1
HOTEL MAR DO EZARO Hoteis Dumbría
CASA DE SANTA UXÍA Turismo rural Dumbría
Total Dumbría 2
O SEMAFORO Hoteis Fisterra
A CASIÑA DE DINA Vivendas Turísticas Fisterra
CABAÑAS FISTERRA Apartamentos Fisterra
COSTA DA MORTE Hoteis Fisterra
HOTEL VIDA FINISTERRE CENTRO Hoteis Fisterra
PRADO DA VIÑA Hoteis Fisterra
APARTAMENTOS VIDA FINISTERRE Apartamentos Fisterra
HOTEL MAR DA ARDORA NATUREZA E PRAIA Hoteis Fisterra
ALÉN DO MAR Hoteis Fisterra
HOTEL MAR DE FISTERRA Hoteis Fisterra
HOTEL RÚSTICO FINISTERRAE Hoteis Fisterra
HCABOSPORT Pensións Fisterra
Total Fisterra 12
HOTEL MAR DE LAXE Hoteis Laxe
HOTEL O NÁUTICO Hoteis Laxe
CABANAS NAREA Apartamentos Laxe
A TORRE DE LAXE Hoteis Laxe
PLAYA DE LAXE Hoteis Laxe
Total Laxe 5
A CASA DA VASCA Pensións Malpica de Bergantiños
CABANAS DE VENDAVAL Cámpings Malpica de Bergantiños
Total Malpica de Bergantiños 2
PRAIA DO CAPITAN Apartamentos Muxía
Casa das Fiadeiras de Nemiña Turismo rural Muxía
HOSTEL MONATERIO DE MORAIME Albergues Muxía
SOLPOR DO COÍDO Pensións Muxía
APARTAMENTOS VIDA MUXIA Apartamentos Muxía
PARADOR COSTA DA MORTE Hoteis Muxía
Camiño da Barca Apartamentos Muxía
ET SUSEIA Albergues Muxía
CASA FONTEQUEIROSO Hoteis Muxía
Hotel A de Loló Hoteis Muxía
CASA CASTIÑEIRA Turismo rural Muxía
LA CRUZ Hoteis Muxía
CASA DE LEMA Pensións Muxía
Total Muxía 13
CASA DO CASEIRO Apartamentos Ponteceso
PLAYA DE OSMO Apartamentos Ponteceso
Total Ponteceso 2
CASAS DA FONTENLA Apartamentos Vimianzo
A CASA DA CANLE Apartamentos Vimianzo
PASTORIZA Pensións Vimianzo
Total Vimianzo 3
CASA DO VENTO Hoteis Zas
CASA DO RELOJERO Pensións Zas
Total Zas 2
TOTAL 60